Descripción módulo Simulación empresarial



Nome Módulo: Simulación empresarial
Departamento: Administrativo
Curso: 2º.
Centro:
Total Horas: 140
Sesións semanais: 8 sesións.
Nome profesorado imparte módulo: Raquel Pousa Soto


1) Relación unidades didácticas. Breve descrición
UT1: O emprendedor e a innovación. Habilidades do emprendedor, perfiles dos promotores. A tecnoloxía como clave para a innovación empresarial
UT2: A idea do negocio. O mercado. Selección da idea de negocio, guia do plan de empresa, estudio do mercado e da competencia
UT3: Organización da empresa: Tipoloxía das organización, formas xurídicas. Estructuras organizativas
UT4: Viabilidade da empresa. Fontes de financiación, inversión na empresa, plan de viabilidade e o análise económico-financeiro da empresa
UT5: A posta en marcha. Tramites. Autorizacións, pasos ante as administracións públicas
UT6: Xestión do proxecto empresarial Plan aprovisionamento; Xestión da contabilidade, inversión e financiación; Xestión comercial e marketing. Xestión RR.HH. Elaboración, exposición proxecto: uso de ferramentas informáticas.

2) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan.
UT1: Determina os factores da innovación empresarial en relación coa actividade de creación de empresas
UT2: Selecciona una idea de negocio analizando o mercado
UT3:Determina a organización interna da empresa, a forma xurídica e os recursos necesarios, para o que analiza as alternativas disponibles e os obxectivos marcados co proxecto
UT4: Comproba a viabilidade da empresa mediante diversos tipos de análise, tendo en conta os factores que poidan influir nela
UT5: Xestiona a documentación necesaria para a posta en marcha dunha empresa, analizando os trámites legais e as actuacións necesarias que levan consigo a realización do proxecto empresarial
UT6: Realiza a xestión da empresa proxecto nos seus diversos departamentos

 
3) Bibliografía recomendada:
HERNANDO POLO, CRISTINA “Simulación empresarial”. Ediciones Mc Graw Hill. Madrid. 2017
ELIYAHU M. GOLDRATT. "La meta: un proceso de mejora continua". Editorial Diaz de Santos. 

4)Método docente:
O alumno/-a deberase enfrontar a casos prácticos sobre procesos de traballo, o máis próximos posibles á realidade administrativa e financeira do seu ámbito e cun grao crecente de dificultade
Así, partindo da información que os alumnos transmiten acerca dos seus coñecementos (preguntando previamente sobre o que saben de cada tema, comentando entre todos/-ás os resultados para detectar ideas preconcibidas, espertando con iso o seu interese sobre o tema), explicarei os contidos conceptuais, que intercalarei con pequenos exemplos para unha mellor comprensión, tras o cal presentarei actividades que susciten o seu interese.
Complementaranse estas actividades con explicacións, seminarios, exposicións e debates de alumnos/-ás nos que fomentar a iniciativa por investigar temas novidosos que xurdan na normativa, utilizando para iso os recursos necesarios, como: ordenadores conectados a Internet, prensa e revistas especializadas, bibliografía, etc
 
5) Cualificacións obtidas na avaliación.
Distinguirase entre o traballo grupal: para a realización do proxecto de simulación, cun peso do 60% e o traballo invidual, cun peso do 40%

O traballo grupal, presentarase de forma gradual en base a un calendario (estimado). Avaliaranse cada una das partes presentadas: sendo a media delas, a puntuación obtida no trimestre, e que será igual para todos os compoñentes do grupo. A esta puntuación media, aplicarase a ponderación do 60%.

O traballo individual, dividarase en tres apartados:
1ºapartado: unha proba escrita trimestral, en base aos contidos dos temas vistos no periodo
2ºapartado: nos traballos propostos (orais ou escritos), exercicios prácticos a realizar e resolución de tipos test correspondientes aos contados de cada tema. Farase unha media coas puntuacións obtidas por todos os conceptos citados.
3ºapartado. Resolución escrita das cuestións plateadas en base a lectura do libro "La Meta" (2 entregas en cada trimestre)
Farase unha media da puntuación obtida polos tres apartados anteriores, e sobre ela, aplicarase a ponderación do 40%.


A nota final do módulo, obterase a través da media aritmética das distintas cualificacións obtidas nas distintas avaliacións. Nesta poderá influír, en caso de aproximación ó 5 (aprobado), que o alumno/-a interviñese dun xeito significativo (traballos, exposicións, investigación, dúbidas...).

Perderase a avaliación continua se o alumnado supera o 10% total das horas do módulo. En caso de perdela, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación

6) Para mais información sobre o modulo e o ciclo.
Toda a información relativa o curriculo da materia pertencente ao ciclo, e profundizar, deste xeito, en tódolos aspectos que podan interesar do titulo, a temos na seguinte ligazon:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.