Descripción RR.HH e RSC

Nome Módulo: Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa
Departamento: Administrativo
Centro: I.E.S Ricardo Mella
Curso: 1º. 15-16
Total Horas: 80
Sesións semanais: 3 sesións. 
Nome profesorado imparte módulo: Raquel Pousa Soto

  
1) Relación unidades didácticas. Breve descrición

UT1: Os RR.HH a través da organización: RR.HH na empresa: organización, comunicación e control
UT2: Selección de RR.HH: RR.HH; Planificación, reclutamiento, probas de selección 
UT3: Formación e promoción do persoal Personal, desenrollo profesional e a súa avaliación.
UT4: A ética na empresa. Aplicación de valores no ámbito empresarial
UT5: A responsabilidade social corporativa: Compromiso de integración na gestión das preocupacións do entorno.

2) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan.

UT1Coordina os fluxos de información do departamento de recursos humanos a través da organización, aplicando habilidades persoais e sociais en procesos de xestión de recursos humanos.

UT2:Aplica os procedementos administrativos relativos á selección de recursos hu- manos, elixindo os métodos e os instrumentos máis adecuados á política de cada organi-zación.

UT3:Xestiona os procedementos administrativos relativos á formación, a promoción e o desenvolvemento de recursos humanos, designando os métodos e os instrumentos máis adecuados

UT4Caracteriza a empresa como unha comunidade de persoas, distinguindo as im- plicacións éticas do seu comportamento con respecto aos implicados nesta

UT5Contrasta a aplicación dos principios de responsabilidade social corporativa nas políticas de desenvolvemento dos recursos humanos das empresas, valorando a súa ade-cuación ás boas prácticas validadas internacionalmente

3) Bibliografía recomendada:

RUIZ OTERO, Eugenio y Otros. Recursos humanos y responsabilidad social corporativa Editorial Mc Graw Hill.
  
4)Método docente:

A metodoloxía basearase na participación activa do alumno, na que destacará a realización de debates entre os compañeiros

Para iso, partirase dunha serie de actividades que propoñerá a profesora ao comezo de cada unidade didáctica co obxecto de comprobar o nivel de coñecementos dos alumnos e alumnas, e motivalos para afondar neles baseándose na aprendizaxe significativa. Formularanse preguntas e eles deberán manifestar as súas propostas ou coñecementos concretos debaténdose as diferentes posicións. Dado o carácter de preguntas incitadoras de debate, non se ofrecerá solución concreta a moitas delas. Por outra parte, as que se ofrezan poderán ser substituídas ou complementadas por outras

A continuación, a profesora pasará a expoñer os contidos de cada unidade didáctica, desenvolvendo un esquema para que o alumnado teña claro os conceptos que vanse a explicar, formulando frecuentes preguntas para saber a evolución no entendemento da materia impartida. Seguiranse os contidos propostos no libro de texto.

O conxunto de exercicios/actividades que axudarán ao afianzamento dos conceptos, poden ser de diversos tipos, así podemos propoñer:
-Resolución tipos test, preguntas curtas en cada tema
-Resolución de supostos simulando situacións empresariais.
-Traballos sobre a compresión escrita e oral, como resumo de noticias, exposición de articulos prensa...
-Manexo das tecnoloxias:correo electrónico u otro tipo de simulación co que demostren o seu desenvolvemento
-Traballos de investigación que logo terán que exponer para profundizar nas suas habilidades comunicativas

5) Cualificacións obtidas na avaliación (probas/ controis/traballos/intervencións na clase ...)

As cualificacións obtidas polos conceptos anteriores unificaranse nunha soa nota, de tal maneira que nun peso do 20% serán os traballos, controis, intervencións en clase e nun 80% o peso que terá a proba que en cada avaliación realizarei o alumnado
A nota final do módulo, obterase a través da media aritmética das distintas cualificacións obtidas nas distintas avaliacións. Nesta poderá influír, en caso de aproximación ó 5 (aprobado), que o alumno/-a interviñese dun xeito significativo (traballos, saídas á pizarra, investigación, dúbidas...).

Perderase a avaliación continua se o alumnado supera o 10% total das horas do módulo. En caso de perdela, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación

6) Para mais información sobre o modulo e o ciclo.

Toda a información relativa o curriculo da materia pertencente ao ciclo, para profundizar, deste xeito, en tódolos aspectos que podan interesar do titulo, a temos na seguinte ligazon:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.