Descripción módulo Tratamiento documentación contable



Nome Módulo: Tratamento da documentación contable
Departamento: Administrativo
Curso: 2º Xestión Administrativa
Centro:
Total Horas: 105
Sesións semanais: 6 sesións.
Nome profesorado imparte módulo: Raquel Pousa Soto


1) Relación unidades didácticas. Breve descrición
UT1: Preparación e Interpretación da documentación contable. Normativa aplicable; documentación utilizada na operativa contable: tipoloxía e análise; organización do espazo de traballo
UT2: Rexistro dos feitos económicos habituais. Manexo do Plan contable: codificación e teoría das contas; Operacións de compra-venda, exitencias e IVE. Otros gastos e ingresos, operacións co persoal da empresa. Operacións co inmobilizado. Operacións financiación a corto e longo plazo
UT3: O ciclo económico completo nunha empresa: Apertura-Peche. Contabilidade das operacións conducentes o resultado do exercicio. Preparación da información para elaborar os estados financeiros obrigatorios
UT4: Comprobación das contas. Comprobación do rexistro contable cos documentos. Punteo. Conciliación bancaria y arqueo de caixa. Comprobación nas aplicacións informáticas.

2) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan.
UT1: Prepara a documentación soporte dos feitos contables e interpreta a información que contén.
UT2: Rexistra contablemente feitos económicos habituais, aplicando a metodoloxía contable e os criterios do plan xeral de contabilidade de pequeñas e medianas empresas.
UT3:Contabiliza operación económicas habituais correspondentes a un exercicio económico completo, aplicando a metodoloxía contable e os criterios do plan de contabilidade
UT4: Comproba as contas relacionando cada rexistro contable cos datos dos documentos soporte

3) Bibliografía recomendada:
-Plan General de Contabilidad y de PYMES. Editorial PIRÁMIDE. Edición más actualizada
-ALONSO PEREZ, A y POUSA SOTO, R. Casos prácticos del nuevo Plan General de Contabilidad para PYMES. Ediciones CEF. Madrid. 2008
-KIYOSAKI, Robert "Padre rico, Padre pobre". Ed. Debolsillo. Clave

4)Método docente:
O alumno/-a deberase enfrontar a casos prácticos sobre procesos de traballo, o máis próximos posibles á realidade administrativa e financeira do seu ámbito e cun grao crecente de dificultade
Así, partindo da información que os alumnos transmiten acerca dos seus coñecementos (preguntando previamente sobre o que saben de cada tema, comentando entre todos/-ás os resultados para detectar ideas preconcibidas, espertando con iso o seu interese sobre o tema), explicarei os contidos conceptuais, que intercalarei con pequenos exemplos para unha mellor comprensión, tras o cal presentarei actividades que susciten o seu interese.
Complementaranse estas actividades con explicacións, seminarios, exposicións e debates de alumnos/-ás nos que fomentar a iniciativa por investigar temas novidosos que xurdan na normativa, utilizando para iso os recursos necesarios, como: ordenadores conectados a Internet, prensa e revistas especializadas, bibliografía, etc

5) Cualificacións obtidas na avaliación (probas/ controis/traballos/intervencións na clase ...)
As cualificacións obtidas polos conceptos anteriores unificaranse nunha soa nota, de tal maneira que nun peso do 25% serán os traballos, controis, resolución cuestionarios en base a lectura do libro "Padre Rico, Padre Pobre", intervencións en clase e nun 75% o peso que terá a proba escrita que en cada avaliación realizarei ao alumnado
A nota final do módulo, obterase a través da media aritmética das distintas cualificacións obtidas nas distintas avaliacións. Nesta poderá influír, en caso de aproximación ó 5 (aprobado), que o alumno/-a interviñese dun xeito significativo (traballos, saídas á pizarra, investigación, dúbidas...).

Perderase a avaliación continua se o alumnado supera o 10% total das horas do módulo. En caso de perdela, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación

6) Para mais información sobre o módulo e o ciclo.

Toda a información relativa o curriculo da materia pertencente ao ciclo, e profundizar, deste xeito, en tódolos aspectos que podan interesar do titulo, a temos na seguinte ligazón:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.