Descripción módulo Proceso Integral Actividad Comercial

Nome Módulo: Proceso Integral Actividade Comercial
Departamento: Administrativo
Centro: I.E.S Ricardo Mella
Curso: 1º
Total Horas: 133
Sesións semanais: 5 sesións. 
Nome profesorado imparte módulo: Raquel Pousa Soto

 
1) Relación unidades didácticas. Breve descrición
UT1: Determinación dos elementos patrimonias da empresa. Estúdase o patrimonio empresarial, o seu concepto xurídico-económico, os elementos que o compoñen e as masas nas que se agrupan
UT2: Integración da contabilidade e metodoloxía contable. Introduce o estudo PXC:a súa estrutura, contido e o marco conceptual. Tamén estúdase a organización e o soporte físico do rexistro contable:
UT3: Xestión da información sobre tributos que grava a actividade comercial. Visión panorámica actual estrutura:vendo os principais impostos que o conforman e aprendendo conceptos básicos tributarios (base impoñible, tipo impositivo, cota...).A atención centrareina no IVE, e achegarase os principais directos: IS e IRPF
UT4: Elaboración e organización da documentación administrativa da compravenda e cálculos comerciais. Elaboraremos os principais documentos do fluxo comercial cos seus cálculos
UT5: Trámites de xestión de cobramentos e pagamentos, e procedementos de cálculo na xestión de tesouraría. Aparte de coñecelos documentos de pago/cobro, introdúcese o alumno o cálculo financeiro.
UT6: Rexistro contable da actividade comercial. Rexistro contable da adquisición e venda de mercadorías: A valoración da existencias. Norma 12ª e 16ª Valoración. Problemática dos dereitos de cobramento: os efectos en xestión de cobro e desconto. O risco dos cobros: deterioro. Concluiremos co proceso de peche de exercicio.
UT7. Xestión e control da tesourería. Elaboraremos orzamentos, empregando ferramentas informáticas
 
2) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan.
UT1: Determina os elementos patrimoniais da empresa analizando a actividade empresarial.
UT2:Integrala normativa contable e o método da partida dobre analizando o PXC PEME e a metodoloxía contable.
UT3:Xestiona a información sobre tributos que afectan ou gravan a actividade comercial da empresa, para o que selecciona e aplica a normativa mercantil e fiscal.
UT4: Elabora e organiza a documentación administrativa das operacións de compravenda, en relación coas transaccións comerciais da empresa
UT5: Determina os trámites da xestión de cobramentos e pagamentos analizando a documentación asociada e o seu fluxo dentro da empresa
UT6: Rexistra os feitos contables básicos derivados da actividade comercial e dentro dun ciclo económico, aplicando a metodoloxía contable e os principios e as normas do PXC-PEME
UT7: Efectúa a xestión e o control da tesourería utilizando aplicacións informáticas

 
3) Bibliografía recomendada. Fontes utilizadas
  Con respecto os materiais que o alumnado debe dispoñer para un completo aprendizaxe, serán aparte dos contidos que atopará na aula virtual de elaboración propia (onde a profesora también engadirá recursos complemetarios), unha calculadora para facilitar a resolución dos exercicios propostos e a lexislación contable de obrigado cumprimento, que neste módulo é o PXC PEME. Pódese atopar unha edición actualizada deste na páxima web do ICAC (Instituto de Contabilidad y Auditoria de cuentas): https://www.icac.gob.es/ Desta maneira, ás probas do módulo o alumnado pode levar un exemplar desta normativa para a súa consulta, así como un cadro de contas.
 Bibliografía utilizada, e que podese consultar:
-Plan General de Contabilidad y de PYMES . Editorial PIRÁMIDE. Edición más actualizada
-ALONSO PEREZ, A y POUSA SOTO, R  Manual de contabilidad práctica para juristas. Ediciones BOSCH. Wolters Kluwer. 2017.
-ALONSO PEREZ, A y POUSA SOTO, R 2000 Soluciones PGC PYMES (Obra actualizable). Aranzadi LA LEY
-DELGADO, C y PALOMERO, J Matemática Financiera (Teoría y 1.200 ejercicios). Palomero-Delgado, Editores
-Manuais A.E.A.T.(IVA, IS)
-TOVAR JIMÉNEZ, J Operaciones Financieras (Teoría y Problemas resueltos). Ediciones CEF
-Lectura do libro "Padre Rico Padre Pobre". Robert T. Kiyosaki. Editorial Debolsillo

 
4)Método docente:

O alumnado deberase enfrontar a casos prácticos sobre procesos de traballo, o máis próximos posibles á realidade administrativa e financeira do seu ámbito e cun grao crecente de dificultade.

Para o presente curso académico, na avaliación inicial teremos en conta non só a experiencia propia do alumnado senon o seu percorrido académico. Cada vez máis existe unha grande diversidade de formación previa: outros ciclos formativos, estudos universitarios, experiencia laboral no seu ámbito, etc fronte ao principal acceso destes estudos, que sería o Bacharelato.

Co cal, cando iniciemos unha unidade, aparte desta información, solicitarei mediante preguntas ao alumnado ou a realización de supostos prácticos, o seu coñecemento previo: de tal xeito que ante distintos niveis, tratarei, de cubrir posibles lagoas.

Incorporouse a nosa practica docente os medios dixitais como a utilización da aula virtual, así como de outros mecanismos como o correo electrónico. Deste xeito, a profesora fomentará o traballo autónomo do alumnado, exercendo unha titoria activa, para que póidase realizar o seguimento das actividades sen ningún tipo de problema. Polo tanto, depois de expoñer a presente guia didactica e a temporalización das unidades, o alumnado poderá acceder ao material a través do manual elaborado pola docente, a aula virtual e blog do módulo. En cada unha das sesións, e despois de explicar os contidos conceptuais (intercalando con pequenos exemplos para unha mellor comprensión), realizaranse os supostos prácticos: sendo parte deles enviados, no seu caso, para a súa corrección ou resoltos na propia aula virtual, e así observar a evolución do alumnado.

Fomentarase o uso do equipo informático para a resolución das tarefas, evitando a entrega en papel, e desenvolvendo así unha mecánica propia da actividade nunha empresa e utilizando aparte dos programas típicos (folla cálculo, procesador texto), unha aplicación específica para contabilizar (podendo utilizar unha aplicación de descarga gratuita, tipo Contasol).

Con respecto aos materiais que o alumnado debe dispoñer para un completo aprendizaxe, serán aparte dos contidos de elaboración propia, que atopará na conserxería do centro e na aula virtual (onde a profesora también engadirá recursos complemetarios), unha calculadora para facilitar a resolución dos exercicios propostos e a lexislación contable de obrigado cumprimento, que neste módulo é o PXC PEME. Pódese atopar unha edición actualizada deste na páxima web do ICAC (Instituto de Contabilidad y Auditoría de cuentas): https://www.icac.gob.es/. Desta maneira, ás probas do módulo o alumnado pode levar un exemplar desta normativa para a súa consulta, así como un cadro de contas. Manexarase para a resolución dos exercicios fiscais, a páxina web da axencia tributaria (https://sede.agenciatributaria.gob.es/) onde atoparán os manuais actualizados á normativa máis recente.

Promoverase tamén o debate entre o alumnado, naqueles temas que xeneren dúbidas sobre a interpretación da normativa, para que váianse afacendo á aprendizaxe continua que a contorna empresarial provoca. Co cal, a utilización da normativa específica (Contable e Fiscal) é imprescindible en modulos como este: polo que esta será outra aprendizaxe que os alumnos terán que facer

Neste curso e para a profundización da comprensión lectora en termos económicos xurídicos, fomentarase a utilización de xornais especializados (cor salmón) e revistas da materia. Propoñerase a lectura dun libro adecuado á temática, que servirá, nos dous primeiros trimestres para alcanzar unha mellor cualificación. O libro proposto, "Padre Rico Padre Pobre"
 
5) Cualificacións obtidas na avaliación (probas/ controis/traballos/intervencións na clase ...)

As cualificacións obtidas polos conceptos anteriores unificaranse nunha soa nota, de tal maneira que nun peso do 20% serán os controis, traballos, actividades, tarefas ou exercicios, e nun 80% o peso que terá a proba escrita que en cada avaliación realizarei o alumnado.

Proporase a lectura -de forma voluntaria- do Libro “Padre Rico Padre Pobre”. De tal xeito, que aquel alumnado que optase pola actividade, resolvería unhas cuestións (diferentes por cada alumno/a) nos dous primeiros trimestres. Caso de ter todas correctas, incrementarase sobre a puntuación acadada 0,5 puntos. Caso de non ser todas correctas, aplicarase a porcentaxe proporcional sobre os 0,5 puntos: non superando, en ningún caso, o 10 da puntuación total.

A nota final do módulo, obterase a través da media aritmética das distintas cualificacións obtidas nas distintas avaliacións. Nesta poderá influír, en caso de aproximación ao 5 (aprobado), que o alumnado interviñese dun xeito significativo (dúbidas, intervención na aula, nos foros da aula virtual, mensaxería, etc).

En cada período trimestral, o alumnado terá unha cualificación para o conxunto das unidades acadadas nese período. No caso de non acadar un mínimo de cualificación (5) tendo en conta todos os controis e traballos realizados durante ese tempo: a recuperación faraa a través da superación do seguinte trimestre. Se no último trimestre non supera o módulo, recuperarao no período sinalado para o efecto no mes de xuño a través das actividades de recuperación, coa proba escrita correspondente: sendo a nota acadada nesta a que se incorpore como a do 3º trimestre, para a media aritmética.

A profesora poderá excluír da proba escrita trimestral as persoas  que leven a cabo calquera actuación de tipo fraudulento. Neste caso,  a profesora  cualificará esta parte cun cero (80% da cualificación trimestral). Para a superación desta avaliación, será no seguinte trimestre: como no resto dos casos. Se ocorre no ultimo trimestre, a recuperación será no período sinalado ao efecto no mes de xuño  


Perderase a avaliación continua se o alumnado supera o 10% total das horas do módulo. En caso de perdela, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación

6) Para mais información sobre o modulo e o ciclo.

Toda a información relativa o curriculo da materia pertencente ao ciclo, para profundizar, deste xeito, en tódolos aspectos que podan interesar do titulo, a temos na seguinte ligazon:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.