Descripción módulo Técnica Contable

Nome Módulo: Técnica Contable
Departamento: Administrativo
Centro: I.E.S. Ricardo Mella
Curso: 1º
Total Horas: 133
Sesións semanais: 5 sesións.
Nome profesorado imparte módulo: Raquel Pousa Soto

 
1) Relación unidades didácticas. Breve descrición
UT1. O patrimonio da empresa. Elementos e Masas: Estúdase o patrimonio empresarial, o seu concepto xurídico-económico, os elemen-tos que o compoñen e as masas nas que se agrupan 
UT2. A metodoloxía contable.Estúdase a organización e o soporte físico do rexistro contable
UT3. A normativa contable. O PXC PEME. Introduce o estudo PXC:a súa estrutura, contido e o marco conceptual
UT4. Rexistro contable básico na empresaRexistro dos feitos habituais na empresa, utilizando as normas de valoración do Plan
UT5. Rexistro a través dunha aplicación informática. Manexo dunha aplicación de xestión específica (contasol) para o rexistro dos feitos contables


2) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan.
UT1:Recoñece os elementos  que integran o patrimonio dunha organización económica, e clasifícaos en masas patrimoniais
UT2:Recoñece a metodoloxía contable tendo en conta a terminoloxía e os instrumentos contables utilizados na empresa
UT3:Identifica o contido básico do plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas (PXC-PEME) e interpreta a súa estrutura
UT4: Clasifica contablemente os feitos económicos básicos, aplicando a metodoloxía contable e os criterios do PXC-PEME
UT5: Realiza operacións de contabilización mediante aplicacións informáticas específicas, e valora a súa eficiencia na xestión do plan de contas

3) Bibliografía recomendada:
-Plan General de Contabilidad y de PYMES . Editorial PIRÁMIDE. Edición más actualizada
-ALONSO PEREZ, A y POUSA SOTO, R  Manual de contabilidad práctica para juristas. Ediciones BOSCH. Wolters Kluwer. 2017

4)Método docente:
O alumno/-a deberase enfrontar a casos prácticos sobre procesos de traballo, o máis próximos posibles á realidade administrativa e financeira do seu ámbito e cun grao crecente de dificultade
Así, partindo da información que os alumnos transmiten acerca dos seus coñecementos (preguntando previamente sobre o que saben de cada tema, comentando entre todos/-ás os resultados para detectar ideas preconcibidas, espertando con iso o seu interese sobre o tema), explicarei os contidos conceptuais, que intercalarei con pequenos exemplos para unha mellor comprensión, tras o cal presentarei actividades que susciten o seu interese.
Complementaranse estas actividades con explicacións, seminarios, exposicións e debates de alumnos/-ás nos que fomentar a iniciativa por investigar temas novidosos que xurdan na normativa, utilizando para iso os recursos necesarios, como: ordenadores conectados a Internet, prensa e revistas especializadas, bibliografía, etc

 

5) Cualificacións obtidas na avaliación (probas/ controis/traballos/intervencións na clase ...) 

As cualificacións do alumnado se obterá polos seguintes conceptos:

-Probas ao final de cada un dos dous primeiros trimestres, que de forma global recollen todos os contidos temporalizados en cada avaliación.
-Controis, en cada un dos dous primeiros trimestres, a través dos cales púidose constatar a evolución do alumnado
-Exercicios e tipo test do blog do módulo entregados  en cada un dos dous primeiros trimestres
-Actividades expostas no blog do módulo e realizadas dende a declaración do estado de alarma
-Actividades de repaso para aquel alumnado que non superase o módulo nas dúas primeras avaliacións, e realizadas dende a declaración do estado de alarma, remitidas de xeito individualizado ao seu correo electrónico

As cualificacións obtidas polos conceptos anteriores unificaranse nunha soa nota. Así, a nota final do módulo, obterase a través da media aritmética das distintas cualificacións obtidas nas duas primeiras avaliacións (nas cales, as probas tiñan un peso do 80% da cualificación, e os controis, exercicios e tipo test un peso do 20% da cualificación). N
Perderase a avaliación continua se o alumnado supera o 10% total das horas do módulo. En caso de perdela, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación


6) Para mais información sobre o módulo e o ciclo.


Toda a información relativa o curriculo da materia pertencente ao ciclo, e profundizar, deste xeito, en tódolos aspectos que podan interesar do titulo, a temos na seguinte ligazón:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.