Descripción modulo contabilidad-fiscalidad

Nome Módulo: Contabilidade e FiscalidadeDepartamento: Administrativo
Curso: 2º.
Centro:
Total Horas: 157
Sesións semanais: 9 sesións.
Nome profesorado imparte módulo: Raquel Pousa Soto

 
1) Relación unidades didácticas. Breve descrición
UT1: Rexistro contable das principais operacións na empresa . Contabilidade das operacións relacionadas co tráfico da empresa, as inversións (inmobilizado, financieiras), a financiación (propia e allea),e outros gastos e ingresos habituais. Aplicando os coñecementos nun programa informático
UT2: Operacións fin de exercicio: Contabilidade das operacións conducentes o resultado do exercicio: regularización, corrección de valor (deterioro, amortización), periodificación, provisións,..
UT3: As contas anuais.Preparación da información paa elaborar os estados financeiros obrigatorios, dependendo do Plan seguido pola empresa
UT4: Os impostos na empresa. Centrarémonos principalmente no imposto de sociedades (coa súa problemática contable) e no IRPF
UT5: Análise de estados Financeiros Utilizando certas técnicas, trataremos de investigar e axuizar a través da información contable cales foron as causas e os efectos da xestión da empresa para chegar á súa actual situación, e así predicir, dentro de certos límites, cal será o seu desenvolvemento para a toma de decisións consecuentes
UT6: A auditoría na empresa: Introdución a Auditoría na empresa. Coñecela normativa e organismos representativos. Interpretarase os informes dos auditores, e comentarase os axustes contables
 
2) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan.
UT1: Contabiliza en soporte informático os feitos contables derivados das operacións de transcendencia económico-financeiras dunha empresa, cumprindo os criterios establecidos no Plan Xeral de Contabilidade (PXC)
UT2:Rexistra contablemente as operacións derivadas do fin do exercicio económico con base na información e na documentación dun ciclo económico completo, aplicando os criterios do PXC e a lexislación
UT3:Confecciona as contas anuais e verifica os trámites para o seu depósito no Rexistro Mercantil, aplicando a lexislación mercantil
UT4: Realiza a tramitación das obrigas fiscais e contables relativas ao imposto de actividades económicas, ao de sociedades e ao imposto sobre a renda das persoas físicas, aplicando a normativa de carácter mercantil e fiscal
UT5: Elabora informes sobre a situación económica-financeira e patrimonial dunha empresa, interpretando os estados contables
UT6: Caracteriza o proceso de auditoría na empresa e describe o seu propósito dentro do marco normativo español

 
3) Bibliografía recomendada:
-Plan General de Contabilidad y de PYMES . Editorial PIRÁMIDE. Edición más actualizada
-ALONSO PEREZ, A y POUSA SOTO, R  Manual de contabilidad práctica para juristas.Ediciones BOSCH. Wolters Kluwer. 2017
-Manuais A.E.A.T. (IRPF, IS)

4)Método docente:

O alumnado deberase enfrontar a casos prácticos sobre procesos de traballo, o máis próximos posibles á realidade administrativa e financeira do seu ámbito e cun grao crecente de dificultade.

Para o presente curso académico, na avaliación inicial teremos en conta non só a experiencia propia do alumnado senon o percorrido académico do curso pasado no módulo PIAC, e para o cal contaremos cos informes individualizados realizados no terceiro trimestre curso 2019-2020.

Co cal, cando iniciemos unha unidade, aparte desta información, solicitarei mediante preguntas ao alumnado ou a realización de supostos prácticos, o seu coñecemento previo: de tal xeito que ante distintos niveis, tratarei, a través de exercicios de reforzo, cubrir posibles lagoas.

Ante a situación excepcional que estamos vivindo, e a posibilidade dunha posible interrupción nas sesións presenciais, dende o centro fomentase que a metodoloxía empregada incorpore os medios dixitais como a utilización da aula virtual, así como de outros mecanismos como o correo electrónico. Deste xeito, a profesora fomentará o traballo autónomo do alumnado, exercendo unha titoria activa para que no caso de ter que acollernos a un ensino a distancia, póidase realizar o seguimento das actividades sen ningún tipo de problema

Polo tanto, depois de expoñer a presente guia didactica e a temporalización das unidades formativas, o alumnado poderá acceder ao material a través da aula virtual /blog do módulo. En cada unha das sesións, e despois de explicar os contidos conceptuais (intercalando con pequenos exemplos para unha mellor comprensión), realizaranse os supostos prácticos: sendo parte deles enviados para a sua correción, e asi observar a evolución do alumnado.

Fomentarase o uso do equipo informático para a resolución das tarefas, evitando a entrega en papel, e desenvolvendo así unha mecánica propia da actividade nunha empresa e utilizando aparte dos programas típicos (folla cálculo, procesador texto), unha aplicación específica para contabilizar (podendo utilizar unha aplicación de descarga gratuita, tipo Contasol).

Fomentarase tamén o debate entre o alumnado, naqueles temas que xeneren dúbidas sobre a interpretación da normativa, para que váianse afacendo á aprendizaxe continua que a contorna empresarial provoca. Co cal, a utilización da normativa específica (PXC PEMES, PXC e Leis tributarias, principalmente) é imprescindible en modulos como este: polo que esta será outra aprendizaxe que os alumnos terán que facer
 
5) Cualificacións obtidas na avaliación (probas/ controis/traballos/intervencións na clase ...)

As cualificacións do alumnado se obterá polos seguintes conceptos:

- Probas ao final de cada un dos trimestres, que de forma global recolla todos os contidos temporalizados en cada avaliación.

- Participación en clase/foros: valorar a participación do alumnado en clase/foros, as súas intervencións, explicacións sobre actividades e exercicios propostos tendo en conta o grao de interese e participación.

- Informe de apuntamentos, traballos, exercicios e actividades.

- Controis tipo "test" ou exercicios a través dos cales se poderá constatar a evolución, do alumnado

- Resolución de exercicios, actividades,...Tratarase de avaliar fundamentalmente o grao de coñecementos e actitudes adquiridos.

 

As cualificacións obtidas polos conceptos anteriores unificaranse nunha soa nota, de tal maneira que nun peso do 20% serán os traballos, controis, intervencións en clase e nun 80% o peso que terá a proba que en cada avaliación realizarei o alumnado

A nota final do módulo, obterase a través da media aritmética das distintas cualificacións obtidas nas distintas avaliacións. Nesta poderá influír, en caso de aproximación ó 5 (aprobado), que o alumno/-a interviñese dun xeito significativo (traballos, investigación, dúbidas...).

 


Perderase a avaliación continua se o alumnado supera o 10% total das horas do módulo. En caso de perdela, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación


6) Para mais información sobre o modulo e o ciclo.
Toda a información relativa o curriculo da materia pertencente ao ciclo, e profundizar, deste xeito, en tódolos aspectos que podan interesar do titulo, a temos na seguinte ligazon: